Estatísticas, informes e memorias

Estatísticas e informes de interese para as bibliotecas públicas. Se é unha biblioteca pública e quere cubrir os seus datos estatísticos, acceda a este formulario

Resultados 1 a 4 de 4
Estatísticas
2017
Panorámica das 53 Bibliotecas Públicas do Estado

É unha referencia informativa, baseada en datos estatísticos, que dá conta de como crece, funciona, e serve ao cidadán esta rede bibliotecaria estatal, integrada por estes 53 centros de especial relevancia para o desenvolvemento cultural do país e o acceso á información dos cidadáns. Son, polo xeral, as bibliotecas máis importantes das cidades en que se sitúan e a súa presenza no panorama da actividade bibliotecaria nacional está recoñecida.

Estatísticas
2016
Estatísticas e informes das bibliotecas públicas de Galicia

Datos estatísticos que proporcionan información sobre a  Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola 

Estatísticas
2015
Bibliotecas Públicas Españolas en cifras

Estatística realizada polas Comunidades Autónomas e o Ministerio de Cultura de acordo á norma ISO 2789 Information and documentation: international library statistics.

Estatísticas
2014
Estatísticas de bibliotecas del INE 2014

Estatística sobre bibliotecas en España realizada polo INE en virtude da Orde de Presidencia do Goberno de 23 de decembro de 1959. Esta estatística elabórase con arranxo ás recomendacións da UNESCO en materia de definicións e clasificacións que figuran na Recomendación sobre normalización internacional das estatísticas de bibliotecas aprobada pola Conferencia Xeral da UNESCO na súa décimo sexta reunión en 1970. Desde 1986 vén desenvolvendo un proxecto con carácter bienal.