Como podo?

Como podo facer o carné?

Como podo buscar un libro ou outro tipo de material?

Como podo levar un documento en préstamo?

Como podo renovar un préstamo?

Como reservar un documento?

Como podo acceder a documentos doutras bibliotecas?

Como podo devolver un documento?

Que podo facer se perdín ou estraguei un documento?

Como podo facer unha doazón?

Como podo colaborar coa biblioteca?

Como podo facer unha suxestion compra?

Como podo facer unha solicitude de préstamo interbibliotecario?

Como podo facer unha consulta de fondos non prestables?

Como podo saber que actividades organiza a biblioteca?

 

 

 

 

 

Como podo facer o carné?

Podes solicitar o teu carné no mostrador el segundo andar.

Necesitarás a seguinte documentación:

a) solicitude cuberta e asinada

b) DNI, TIE (Tarxeta de Identidade de Extranxeiro/a) ou pasaporte

c) unha foto de carné*

*Tamén existe a posibilidade de enviar a foto por correo electrónico ao correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal indicando os datos do solicitante (se non se envía nun prazo de 7 días, a solicitude non terá efecto).

Máis información

Inicio

 

 

 

Como podo buscar un libro ou outro tipo de material?

Para buscar o que necesites, a biblioteca pon a túa disposición o catálogo en liña (OPAC).

Na biblioteca existen varios puntos de consulta do catálogo distribuidos polas diferentes plantas.

Se buscas un libro electrónico debes acceder á plataforma de préstamo de libros electrónicos, revistas e películas GaliciaLe.

Inicio

 

 

Como podo levar un documento en préstamo?

Podes prestar os teus documentos no mostrador do segundo andar durante todo o día e no mostrador da sala infantil polas tardes. Tamén tes a túa disposición máquinas de autopréstamo.

Nestes cadros podes consultar o número de documentos que se poden levar en préstamo con cada tipo de carné:

Cadro para persoas adultas

Cadro para menores de 14 anos (infantil)

Cadro para entidades

 

Inicio

 

 

Como podo renovar un préstamo?

Podes renovar unha vez transcorridos 5 días que empezarán a contar a partir do día seguinte ao que fixeches o préstamo ata a súa caducidade. 

Non poderás renovar se outra persoa reservou o documento.

Para renovar a bibliotecas pon a túa disposición varias canles:

— a través da conta persoal de usuario/a no catálogo

— no mostrador do segundo andar durante todo o día

— no mostrador da sala infantil polas tardes

— por teléfono no número 886 159 252

Inicio

 

 

Como reservar un documento?

Se o material que queres levar está prestado, podes facer unha reserva. Non podes facer reservas de documentos que estean dispoñibles. O número máximo de reservas por lector é de 6  (3 libros e revistas, 2 audiovisuais e 1 lector de libros electrónicos).

As reservas se poden solicitar dos seguintes xeitos:

— no mostrador do segundo andar durante todo o día

— no mostrador da sala infantil polas tardes

— a través da conta persoal de usuario/a no catálogo

O prazo para recoller as reservas é de 3 días hábiles desde que chega o aviso, se non a recolles nese prazo quedará anulada.

Inicio

 

 

Como podo acceder a documentos doutras bibliotecas?

O teu carné de biblioteca é válido para todas as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, pero ademais disto podes solicitar documentos das bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e da Biblioteca Municipal Central de Ferrol en préstamo intrabibliotecario. Podes solicitar un só documento á vez sen ningún custo.

Bibliotecas con servizo de préstamo intrabibliotecario:

— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)

— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

— Biblioteca Pública de Lugo

— Biblioteca Pública de Ourense

— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

— Bibiblioteca Municipal Central de Ferrol

Máis información

Inicio

 

 

Como podo devolver un documento?

Os préstamos podes devolverse: 

— no mostrador do segundo andar durante todo o día

— no mostrador da sala infantil polas tardes

Inicio

 

 

Que podo facer se perdín ou estraguei un documento?

Se tentas devolver un material deteriorado, a biblioteca non aceptará a devolución e o teu carné quedará bloqueado. Para volver a facer uso del terás dúas opcións:

a) reparar o material;

b) repoñelo por outro igual. Se non estivera dispoñible no mercado, o persoal técnico da biblioteca solicitarache outro material de similares características e prezo.

Inicio

 

 

Como podo facer unha doazón?

Se queres facer unha doazón á biblioteca de Pontevedra tes que facer antes unha lista dos materias cos seguintes datos: autor, título, editorial e ano. Podes enviarnos a lista por correo electrónico ao enderezo: coleccion.bibliotecas.pontevedra@xunta.gal ou entregala no mostrador do segundo andar da biblioteca. Aquí tes un modelo da listaxe.

Unha vez revisada a listaxe de obras, a biblioteca porase en contacto contigo para comunicarche se a doazón é aceptada ou non.

Inicio

 

 

Como podo colaborar coa biblioteca?

Se queres prestar accións de voluntariado na Biblioteca Pública de Pontevedra podes inscribirte no programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.

Estas son as tarefas que poderás desenvolver:

— apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
— apoio na formación en competencias informacionais
— apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
— apoio na realización de actividades culturais ou artísticas
— apoio ao aprendizaxe doutras linguas

Inicio

 

 

Como podo facer unha suxestión compra?

Se o material que queres non se atopa nos fondos da biblioteca, nin tampouco das outras bibliotecas coas que mantemos servizo de préstamo intrabibliotecario, podes facer unha suxestión de compra a través da túa conta persoal do catálogo que será valorada polo centro. O número máximo de suxestións de compra é de 1 ao mes.

Se o que queres e aconsellar á biblioteca que merque un libro que xa liches podes escribir un correo ao seguinte enderezo: coleccion.bibliotecas.pontevedra@xunta.gal.

Nesta ligazón podes consultar as normas das suxestións de compra.

Inicio

 

 

Como podo facer unha solicitude de préstamo interbibliotecario?

É un servizo que facilita o acceso a aquelas publicacións para fins de investigación ou estudo que non se atopan nos nosos fondos, nin nos das restantes bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia que fan préstamo intrabibliotecario, pero sí nos fondos dalgunha das Bibliotecas Públicas do Estado. Non facemos préstamo interbibliotecario con bibliotecas coas que non que non existe un convenio*. Nesta ligazón podes consultar o Catálogo Colectivo de Bibliotecas Públicas.

*Non hai servizo de préstamo interbibliotecario coa Biblioteca Nacional de España nin coas bibliotecas universitarias.

Podes solicitalo:

— no mostrador do segundo andar

— por teléfono no número 886 159 814

— por correo electrónico no enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal.

Inicio

 

 

Como podo facer unha consulta de fondos non prestables?

Para acceder este servizo hai que ter o carné da biblioteca, non se permite a consulta fondos dixitalizados que se atopen en libre acceso en liña.

 

— Peticións de documentos posteriores a 1958 e prensa posterior ao ano 1995: poden solicitarse no mostrador de préstamo enchendo unha papeleta de petición. Se queres consultalos un sábado terás que solicitalo o día anterior de xeito presencial ou a través do número de teléfono 886 159 252 antes das 19.00 h.

— Peticións de fondo antigo, materiais anteriores a 1958 e prensa anterior ao ano 1995: estas peticións deben facerse como mínimo tres días hábiles antes da súa consulta a través das seguintes vías:

a) a través do correo electrónico da biblioteca: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal indicando os datos da persoa usuaria, da publicación e a finalidade da consulta;

b) de xeito presencial no mostrador do segundo andar.

A biblioteca porase en contacto contigo para comunicarche se o acceso ao fondo foi autorizado e para concretar un día e hora para a consulta.

Máis información

Inicio

 

 

Como podo saber que actividades organiza a biblioteca?

As actividades da biblioteca publicitanse a través a Axenda da páxina web da biblioteca, as redes sociais da biblioteca, a Axenda de Cultura de Galicia (dispoñible en aplicación para dispositivos móviles) e dos envíos de correos informativos da biblioteca (se queres recibir estes correos tes que solicitalo a través do correo electrónico: biblio.actividades.pontevedra@xunta.gal).

 

 

Máis información

Inicio