Como podo buscar un libro ou outro tipo de material?

Para buscar o que necesites, a biblioteca pon a túa disposición o catálogo en liña (OPAC).

Na biblioteca existen varios puntos de consulta do catálogo distribuídos polas diferentes plantas.

Se o que buscas é un recurso electrónico tes que acceder á plataforma de préstamo de libros electrónicos, revistas e películas GaliciaLe.