É un servizo que facilita o acceso a aquelas publicacións para fins de investigación ou estudo que non se atopan nos nosos fondos, nin nos das restantes bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia que fan préstamo intrabibliotecario, pero si nos fondos dalgunha das Bibliotecas Públicas do Estado. Non facemos préstamo interbibliotecario con bibliotecas coas que non existe un convenio*. Nesta ligazón podes consultar o Catálogo Colectivo de Bibliotecas Públicas.
*Non hai servizo de préstamo interbibliotecario coa Biblioteca Nacional de España nin coas bibliotecas universitarias.
Podes solicitalo:
a) en Administración no segundo andar
b) por correo electrónico no enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal.