Regulamento

Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:

  • Gardar silencio na sala de lectura e falar nun ton adecuado nas outras dependencias
  • Silenciar os teléfonos móbiles
  • Manter o fondo ordenado
  • Repoñer os materiais que extraviasen ou danasen e velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos
  • Non sacar da Biblioteca ningún documento sen facer previamente o préstamo ou ter solicitado permiso ao persoal bibliotecario
  • Non introducir bebidas (agás auga) nin comidas nas salas
  • Non se permite a reserva de postos de lectura.  A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dá dereito a calqueira persoa a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar estas ausencias
  • Non se permite mover as cadeiras do seu emprazamento sen permiso do persoal bibliotecario
  • A sala infantil é para uso exclusivo dos nenos e nenas menores de 14 anos e os seus acompañantes, así como das persoas que precisen facer uso dos seus fondos. As nenas e nenos menores de 9 anos deberán estar acompañados na sala por un adulto en todo momento

Normas das suxestións de compra

Normas de visitas