As nosas coleccións

INFANTIL

Os fondos da sala infantil están destinados aos nenos/as de 0 a 13 anos. Os menores de 9 anos poderán facer uso deste servizo acompañados sempre dunha persoa adulta.

A sala está organizada por idades diferenciadas por cores e, dentro de cada idade, por centros de interese.

Bebeteca: de 0 a 2 anos

Azul: de 3 a 5 anos

Vermello: de 6 a 8 anos

Verde: de 9 a 11 anos

Amarelo: de 12 a 13 anos

A colección conta cunha sección de referencia, onde os libros de consulta están organizados por grandes bloques de materias. Estes libros non se prestan e só se poden consultar na biblioteca.

Ademáis a sala infantil dispón dunha sección con colección accesible e dunha sección de audiovisuais.

A colección infantil compleméntase co Recuncho das familias un centro de interese permanente con libros e outros materiais para pais/nais/titores (vestíbulo sala infantil).
 

XUVENIL

Na segunda planta atopamos tamén a sección xuvenil que reúne unha serie de obras literarias, de materia e audiovisuais cunha temática axeitada para os adultos/as máis novos (de 14 a 18 anos).

 

COLECCIÓN LOCAL

Na segunda planta temos o Fondo Pontevedra, que reúne as obras que tratan sobre a localidade de Pontevedra.

As obras literarias e audiovisuais da colección local distínguense cun punto azul.

 

AUDIOVISUAIS

A sección de Audiovisuais está composta por cine, series de televisión e documentais en DVD e Blu-ray.

 

CÓMIC

A colección de cómic está formada por obras de todos os xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, ciencia ficción, etc.), cun espazo para a banda deseñada en galego.

 

LIBROS INFORMATIVOS

A colección de libros informativos está na terceira planta e está formada por documentos informativos clasificados pola CDU (Clasificación Decimal Universal) en nove grupos temáticos.

0 Xeralidades. Documentación. Informática

1 Filosofía. Psicoloxía

2 Relixión

3 Ciencias sociais

5 Matemáticas. Ciencias naturais

6 Ciencias aplicadas. Medicina. Tecnoloxía

7 Belas Arte. xogos. Espectáculos. Deportes

8 Linguaxe. Linguística. Literatura

9 Xeografía. Biografía. Historia

 

COLECCIÓNS ESPECIAIS

Ademáis dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.

- Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro

- Libros en homenaxe a Losada Diéguez

- Biblioteca Muruais, de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX

- Parte da biblioteca das irmás Mendoza

- Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar

Entre os seus fondos antigos, posúe incunábeis, manuscritos e libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII.

 

COLECCIÓN ACCESIBLE

Na segunda planta e na sala infantil atoparemos unha colección de libros adaptados a lectores con diferentes disfuncións lectoras que se agrupa na sección Lectura Fácil (LF). A biblioteca conta ademáis cunha colección de materiais especiais, con libros en Braille, en letra grande, lectura fácil, audiolibros e DVDs con audiodescripción, pictogramas, linguaxe de signos, etc.

 

NARRATIVA

Fondo composto polas obras literarias (novelas, poesía, teatro, etc.) destinadas a adultos. Está clasificado en Narrativa (N), Poesía (P) eTeatro (T).

A sección de Narrativa está na segunda planta, en acceso directo.

 

HEMEROTECA

A biblioteca conta cunha amplia colección de hemeroteca con títulos desde o século XIX ata a actualidade.

A consulta dos fondos de hemeroteca realízase en dúas salas:

- A  prensa dos últimos sete días e as revistas actuais están en libre na planta baixa. Algunas revistas son prestables a domicilio

- O resto da prensa e revistas consultase na segunda planta*

*A consulta das prensa anterior a 1995 está limitada polo seu estado de conservación e a existencia dunha edición dixital, neste enlace podes consultar as  publicacións dixitalizadas e dispoñibles en Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia.