A Biblioteca só permite facer 6 suxestións de compra ao ano por persona. No caso de superar este número á Biblioteca tomará por boas as primeiras 6 peticións e anulará as seguintes.
A Biblioteca decidirá sobre as peticións recibidas conforme a súa política de adquisicións e poderá denegar a compra atendendo aos seguintes criterios:
— Non se admiten suxestións de compra de novidades editoriais.
— Non se poden facer suxestións de compra de obras que non están se atopan no mercado.
— A obra non se axusta á colección do centro.
— A biblioteca xa dispón dun exemplar da obra ou está en proceso de adquisición.
— A obra está dispoñible ou en proceso de adquisición por algunha das bibliotecas da rede coa que hai préstamo intrabibliotecario: Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, Biblioteca Pública de Ourense Nós, Biblioteca Pública de Lugo e Biblioteca Municipal Central de Ferrol.
— Xa se denegou unha suxestión de compra da mesma obra.
A Biblioteca poderá sancionar ás persoas que:
— Fagan varias suxestións de compra e non veñan a recollelas sen xustificación.
— Superen reiteradamente o número de 6 suxestións de compra anuais.
As suxestións de compra deberán empregarse para solicitar a compra dun material que a persoa quere consultar. Para aconsellar a compra dun material que xa coñeces e consideras que pode ser interesante para outros usuarios, podes escribir un correo electrónico a: coleccion.bibliotecas.pontevedra@xunta.gal