Hemeroteca
Prensa e revistas de actualidade en acceso libre (préstanse todas agás o último número). O resto da prensa e revistas consúltanse no segundo andar previa solicitude.
Antes de facer unha petición de prensa recomendamos consultar:
— Listaxe do fondo antigo de prensa da Biblioteca de Pontevedra: nela pódense consultar as publicacións periódicas antigas que conservamos, as que están dixitalizadas aparecen acompañadas dunha ligazón a súa copia dixital.
— Listaxe de publicacións periódicas subscritas pola Biblioteca de Pontevedra: recolle as subscricións de publicacións periódicas e o seu prazo de conservación.
Cabeceiras de conservación indefinida na Biblioteca de Pontevedra (depósito legal):
— DIARIO DE PONTEVEDRA: desde 1897. Sen exemplares nestes intervalos de 28.02.1939 a 14.09.1963 e de 01.09.1967 a 1.04.1968. Dixitalizado o período de 16.04.1897 a 27.02.1939.
— FARO DE VIGO: desde setembro de 1900
— FARO DE VIGO Ed. Pontevedra: desde decembro de 1993
— FARO DE VIGO Ed. Arousa: desde 1997
— FARO DE VIGO Ed. Vigo: desde 1991
— FARO DE VIGO Ed. Deza/Tabeirós-Terra de Montes: desde 2018
— FARO DE VIGO Ed. Morrazo: desde 2018
— DIARIO DE AROUSA: desde 2001
Colección infantil
Os fondos da sala infantil están destinados aos nenos e nenas de 0 a 13 anos, se son menores de 9 anos poderán facer uso deste servizo acompañado/as sempre dunha persoa adulta.
A sala está organizada por idades diferenciadas por cores:
— Bebeteca: de 0 a 2 anos
— Azul: de 3 a 5 anos
— Vermello: de 6 a 8 anos
— Verde: de 9 a 11 anos
— Amarelo: de 12 a 13 anos
A colección conta cunha sección de referencia con libros de consulta organizados por grandes bloques de materias, estes libros non se prestan e só se poden consultar na biblioteca. Ademais, a sala infantil dispón dunha sección de audiovisuais. A colección infantil compleméntase co Recuncho das familias.
Obras de ficción
Contamos cunha extensa colección de novela, poesía, teatro, biografía, libros de viaxes, lecturas escolares e literatura en linguas estranxeiras.
Fondo Pontevedra
É unha selección de obras que tratan sobre a localidade de Pontevedra.
Cine e series
Inclúe cine, series de televisión e documentais en DVD e Blu-ray.
Xuvenil
A sección xuvenil reúne unha serie de obras literarias, informativas, revistas e audiovisuais cunha temática axeitada para a mocidade (de 14 a 18 anos).
Comicteca
Conta con obras de todos os xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, ciencia ficción, etc.), cun espazo destacado para o cómic en galego.
Colección accesible
Son materiais adaptados a persoas con diferentes disfuncións lectoras.
Libros informativos
A colección de libros informativos está clasificada seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal) en nove grupos temáticos:
— 0 Xeneralidades. Documentación. Informática
— 1 Filosofía. Psicoloxía
— 2 Relixión
— 3 Ciencias sociais
— 5 Matemáticas. Ciencias naturais
— 6 Ciencias aplicadas. Medicina. Tecnoloxía
— 7 Belas Arte. Xogos. Espectáculos. Deportes
— 8 Linguaxe. Lingüística. Literatura
— 9 Xeografía. Biografía. Historia
Coleccións especiais
Ademais dos primitivos fondos procedentes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas coleccións que conforman o seu fondo actual:
— Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e a Colección Sampedro
— Biblioteca Muruais, obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
— Parte da biblioteca das irmás Mendoza
— Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
— A colección José Antonio Durán
Entre os seus fondos antigos, a biblioteca posúe 10 incunables, 20 manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVII