O día 15 de setembro as 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:
- De xeito presencial o día 15 a partir das 9:00 h
- A través de formulario a partir do día 16 ás 9:00 h ata o día 21 ás 21:00 h
Este ano contaremos con catro clubs
- Galego : xoves alternos de 19 a 20 h.
- Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.
- Francés : martes alternos de 19 a 20 h
- Voz de muller : luns alternos de 19 a 20 h.
É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club
Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro
As inscricións son persoais. Con todo, cada usuario/a poderá anotar a un máximo de dúas persoas contándose a si mesmo
A participación no club conleva a aceptación dunhas normas básicas.