O teu carné de biblioteca é válido para todas as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, pero ademais disto podes solicitar o envío de documentos das outras bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e da Biblioteca Municipal Central de Ferrol en préstamo intrabibliotecario. Podes solicitar 1 documento á vez sen ningún custo.
Bibliotecas con servizo de préstamo intrabibliotecario:
— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)
— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
— Biblioteca Pública de Lugo
— Biblioteca Pública de Ourense Nós
— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
— Biblioteca Municipal de Ferrol Central
Este servizo pode solicitarse de dous xeitos diferentes:
a) de xeito presencial nos mostradores de préstamo da biblioteca
b) a través de este formulario web