POLÍTICA DE DOAZÓNS DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola promove e agradece todas aquelas doazóns de libros e outros documentos que apoien os fins da institución e acepta moi gustosa todos aqueles materiais que contribúan ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico galego.
NORMAS XERAIS:
- Facer unha listaxe das obras que se queren doar que inclúa os seguintes datos: autor, título, editorial e ano.
- Así mesmo deberán figurar os datos de contacto do doante (teléfono, enderezo e correo electrónico) para unha posterior comunicación.
- Non se aceptarán doazóns se antes non se recibe a listaxe.
- A listaxe de obras (dispoñible aquí para a súa descarga) poderá entregarse no mostrador da segunda planta da Biblioteca ou ben enviarse adxunta por correo electrónico á seguinte dirección suxestions.bibliotecas.pontevedra@xunta.gal
- Unha vez revisada a listaxe de obras, a Biblioteca porase en contacto co doante para comunicarlle se a doazón é aceptada ou non.
- Unha vez entregada a doazón, o doante aceptará que é definitiva e irreversible, e que en consecuencia o material doado pasará a ser propiedade legal da Biblioteca, reservándose esta o dereito a organizar, manter, doar a terceiros, expurgar, situar e utilizar os fondos como considere.
MATERIAIS QUE PODEN INTERESAR:
- Libros, DVDs, CDs, folletos, fotografías, carteis, postais e calquera outro documento de autor galego ou referido a Galicia anterior a 1958 e moi especialmente os que fan referencia a bisbarra de Pontevedra.
- Obras raras ou de especial valor bibliográfico.
- Tamén poderán ser aceptados libros e outros documentos de actualidade, ben encadernados e que se atopen en bo estado de conservación.
MATERIAIS QUE NON NOS INTERESAN:
- Libros ou documentos que se atopen en mal estado de conservación: rotos, sucios, danados, con humidade, etc.
- Libros de texto.
- Enciclopedias.
- Anuarios, estatísticas, directorios, libros técnicos ou de carácter científico de máis de 2 anos de antigüidade.
- Documentos audiovisuais en formatos obsoletos, vídeos en VHS, etc.
- Coleccións de xornais ou revistas que non sexan de temática local, ou números soltos que non completen a colección que xa conserva a Biblioteca.
- Reproducións, fotocopias, nin copias gravadas de audiovisuais.
Se tes algunha dúbida ou consulta podes dirixirte á Biblioteca