Regulamento

Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:

— Gardar silencio no terceiro andar e falar nun ton adecuado nas outras dependencias.

— Silenciar os teléfonos móbiles.

— Manter o fondo ordenado.

— Repoñer os materiais que extraviasen ou danasen e velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos.

— Non sacar da Biblioteca ningún documento sen facer previamente o préstamo ou ter solicitado permiso ao persoal bibliotecario.

— Non introducir bebidas (agás auga) nin comida nas salas.

— Non se permite a reserva de postos de lectura. A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dá dereito a calqueira persoa a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar estas ausencias.

— Non se permite mover as cadeiras do seu emprazamento sen permiso do persoal bibliotecario.

— A sala infantil é para uso exclusivo dos/as menores de 14 anos, os seus acompañantes e das persoas que precisen empregar os materiais da sala. Os/as menores de 9 anos deberán estar acompañados na sala por un adulto en todo momento.

— Débense respectar as restricións de uso dos postos, debidamente sinalizados, que se reservan para a consulta de materiais non prestables ou que requiren equipos para a súa consulta.

Normas das suxestións de compra

Normas de visitas