O carné e o servizo de préstamo
O servizo de préstamo permite gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca. Para facer uso deste servizo hai que presentar o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, non é válido ningún outro documento identificador.
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola agradece todas aquelas doazóns que apoien os fins da institución e contribúan ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico galego.
Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libro electrónico
A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición do seu usuariado lectores de libros electrónicos e ordenadores portátiles.
Servizo de préstamo de recursos electrónicos (GaliciaLe)
O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
Servizo de acceso á Internet e ofimática
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola proporciona acceso gratuíto a Internet e a ferramentas ofimáticas. As súas instalacións dispoñen dunha infraestrutura que permite usar de xeito libre e privado as tecnoloxías da información e comunicación.
A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da comunidade as súas instalacións, coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro.
Servizo de consulta de materiais de acceso restrinxido
Con este servizo a biblioteca dá acceso ás persoas investigadoras ao fondo de acceso restrinxido que conserva para a súa difusión e estudo.