Doazóns

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola  agradece todas aquelas doazóns que apoien os fins da institución e contribúan ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico galego.

 

POLÍTICA DE DOAZÓNS DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Para facer unha doazón é necesario entregar previamente unha listaxe cos datos dos materiais que se queren doar. Esta listaxe pode entregarse a través das seguintes vías:

a) encher esta proposta de doazón e entregala no mostrador do segundo andar

b) a través deste formulario web 

 

Unha vez revisada a listaxe de obras, a biblioteca porase en contacto coa persoa doante para comunicarlle se a doazón foi aceptada ou non.

Ao entregar a doazón, a persoa doante acepta que é definitiva e irreversible. O material doado pasará a ser propiedade legal da Biblioteca, que se reservará o dereito a organizalo, mantelo, doalo a terceiros, expurgalo, situalo e utilizalo como considere oportuno.

 

Materiais que SI que nos poden interesar:

— Lecturas escolares recentes

— Libros, DVD, CD, folletos, fotografías, carteis, postais e calquera outro documento de autor galego ou referido a Galicia anterior a 1958 e moi especialmente os que se refiren a bisbarra de Pontevedra.

— Obras raras ou de especial valor bibliográfico

— Libros e outros documentos de actualidade, ben encadernados e que se atopen en bo estado de conservación.

 

Materiais que NON nos interesan:

— Libros ou documentos que se atopen en mal estado de conservación: rotos, sucios, danados, con humidade, etc.

— Libros de texto

— Enciclopedias

— Anuarios, estatísticas, directorios, libros técnicos ou de carácter científico de máis de 2 anos de antigüidade

— Documentos audiovisuais en formatos obsoletos (vídeos en VHS, etc.)

— Coleccións de xornais ou revistas que non sexan de temática local, ou números soltos que non completen a colección que xa conserva a biblioteca

— Reproducións, fotocopias, copias gravadas de audiovisuais