SERVIZOS
Reserva de espazos
A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

 

 

Os espazos que a biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:

 

Sala de "club de lectura"

Con capacidade para 20 persoas

 

Salón de actos

Con capacidade para 245 persoas

 

- Estas salas estarán disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos, etc.)

- Non se permite a reserva de ningún outro espazo da biblioteca.

- As solicitudes deberán presentarse cunha antelación mínima dunha semana.

- As reservas sempre estarán condicionadas pola actividade propia da biblioteca.

- As reservas deberán facerse só polo tempo que dure a actividade.

- Hai que cumplir o horario indicado na reserva e non ocupar as instalacións durante máis tempo do acordado.

 

A solicitude de reserva pode iniciarse​ cumprimentando o formulario de reserva de instalacións. Unha vez confirmada a reserva e antes de que teña lugar o evento, haberá que presentar asinada na recepción da biblioteca a conformidade coas condicións de reserva.