SERVIZOS

Resultados 1 a 6 de 6

O carné e o servizo de préstamo

O servizo de préstamo permite gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca. Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Para solicitar calquera xestión relacionada co servizo de préstamo é preciso presentar sempre o carné da biblioteca, non é válido ningún outro documento identificativo.

Doazóns

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola promove e agradece todas aquelas doazóns que apoien os fins da institución e acepta moi gustosa todos aqueles materiais que contribúan ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico galego.

Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libro electrónico

A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición do seu usuariado lectores de libros electrónicos e ordenadores portátiles. 

Servizo de acceso á Internet e ofimática

A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas, dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as tecnoloxías da información.

 

Servizo de consulta de documentos

Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

 

Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe)

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase no servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos dirixido as persoas co carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos. A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, como centro integrante desta rede, ofrece este servizo.