Fondos de acceso restrinxido
— Revistas anteriores a 1958 (incluído)
— Depósito Legal (prensa, revistas, folletos, carteis, etc.)
— Documentos en depósito con dispoñibilidade "consulta en sala" ou "acceso restrinxido" en catálogo.
Requisitos
— Para acceder a estes fondos é necesario ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Pode solicitar o seu carné a través deste formulario e recollelo en Administración antes da consulta, lembre que ten que traer un documento identificativo (DNI, TIE ou Pasaporte).
— Non se permite a consulta de materiais que se atopen dixitalizados e dispoñibles libre acceso.
— A consulta de fondos patrimoniais está reservada a persoas investigadoras acreditadas
Solicitude de consulta
a) de xeito presencial no mostrador do segundo andar.
A biblioteca porase en contacto coa persoa solicitante para comunicarlle se o acceso ao documento foi autorizado ou non e para concretar el día y la hora de la consulta.
Localización de fondos
Antes de facer a solicitude recomendamos consultar:
Listaxes da Biblioteca Pública de Pontevedra
— Listaxe do fondo local/fondo antigo de prensa da Biblioteca de Pontevedra: nela pódense consultar as publicacións periódicas antigas que conservamos, as que están dixitalizadas aparecen acompañadas dunha ligazón a súa copia dixital.
Bibliotecas dixitais
— Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia: Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia. O proxecto ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europeana).
— Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (BVPH): a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, xestionada pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte, é unha hemeroteca dixital na que se ofrece aos cidadáns un extenso, variado e crecente repertorio de prensa histórica e revistas culturais en linguas españolas.
— Biblioteca Virtual do Patrimono Bibliográfico (BVPB): a Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico, xestionada pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte, é unha biblioteca dixital na que se ofrece aos cidadáns unha valiosa e crecente colección de reproducións facsímiles dixitais de manuscritos, libros impresos, fotografías históricas, materiais cartográficos, partituras e demais materiais que se conservan en institucións da memoria (arquivos, biblioteca e museos) e forman parte do Patrimonio Bibliográfico Español.
— Biblioteca Dixital Hispánica: portal de documentos dixitalizados da Biblioteca Nacional de España.
— Hemeroteca Dixital: forma parte do proxecto Biblioteca Dixital Hispánica, que ten como obxectivo a consulta e difusión pública a través de Internet do patrimonio bibliográfico español conservado na Biblioteca Nacional de España.
— Hispana: é o portal de acceso ao patrimonio dixital e o agregador nacional de contidos a Europeana. Hispana reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois. Entre as coleccións que Hispana recolle, destacan os repositorios institucionais das universidades españolas e das bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas, que ofrecen acceso a conxuntos crecentes de todo tipo de materiais (manuscritos, libros impresos, fotografías, mapas, etc.) do patrimonio bibliográfico español, tamén incorpora os contidos de CER.es, o catálogo colectivo da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España. Esta red reúne museos que comparten un sistema unificado de documentación e xestión para as súas coleccións. O portal inclúe un directorio de proxectos de dixitalización que se están a levar a cabo en España.
— Europeana: é a biblioteca dixital europea, de acceso libre, cuxo prototipo comezou a funcionar o 20 de novembro de 2008, que reúne contribucións xa dixitalizadas de recoñecidas institucións culturais dos 27 estados membros da Unión Europea. Os seus fondos inclúen libros, películas, pinturas, xornais, arquivos sonoros, mapas, manuscritos e outros arquivos.
Catálogos de fondos patrimoniais
— Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia (CCPG): este catálogo tenta recoller a descrición dos documentos que conforman este patrimonio. O Patrimonio Bibliográfico de Galicia é un concepto xurídico, definido na lexislación vixente (Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia) e que podemos resumir como fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural de titularidade pública. Así como as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, tamén de especial valor cultural, tanto se son impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas ou magnéticas, de carácter unitario ou seriado en calquera tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa creación ou reprodución, nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
- Inexistencia de, cando menos, tres exemplares idénticos en bibliotecas ou servizos públicos ou un no caso de películas cinematográficas
- Anteriores a 1901
- Características singulares que lles outorguen carácter único (ex libris, expurgacións, etc.)
— Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico (CCPB): o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico recolle a descrición e localización de libros e outros fondos bibliográficos, depositados en bibliotecas e institucións españolas públicas ou privadas, que pola súa antigüidade, singularidade ou riqueza forman parte do Patrimonio Bibliográfico Español.
Cabeceiras de prensa de conservación permanente na Biblioteca de Pontevedra (depósito legal):
— DIARIO DE PONTEVEDRA: desde 1897. Sen exemplares nestes intervalos: 28.2.1939-14.09.1963 e 01.09.1967-1.04.1968. Dixitalizado 16.04.1897-27.02.1939
— FARO DE VIGO: desde setembro de 1900
— FARO DE VIGO Ed. Pontevedra: desde decembro de 1993
— FARO DE VIGO Ed. Arousa: desde 1997
— FARO DE VIGO Ed. Vigo: desde 1991
— FARO DE VIGO Ed. Deza/Tabeirós-Terra de Montes: desde 2018
— FARO DE VIGO Ed. Morrazo: desde 2018
— DIARIO DE AROUSA: desde 2001
*Lembre que os exemplares de prensa están feitos con polpa de madeira e teñen grandes niveles de acidez. Expostos ao aire ou á luz, adoitan quebrarse con facilidade. Por este motivo non permitimos a consulta de prensa dixitalizada e limitamos a consulta dos exemplares que se atopan en mal estado de conservación.