O CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
A que dá acceso o carné?
Os usuarios das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia integradas no catálogo colectivo gozan dun carné único que lles permite acceder aos servizos de préstamo de todas as bibliotecas que participan no programa. A integración de bibliotecas é progresiva e desenvolverase en varias fases.
Ademais do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:
- Á plataforma de libro electrónico GaliciaLe
- Á Biblioteca Dixital da Rede
- A conta persoal do usuario no catálogo onde cada lector pode renovar os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios, etc.
¿Onde solicitalo?
A través da páxina web da biblioteca
- Persoas individuais: enchendo o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da Rede (inclúe a posibilidade de agregar unha fotografía en formato dixital). No momento da entrega haberá que presentar o DNI.
- Entidades: enchendo este formulario web. As entidades non poden levar en préstamo novidades editoriais.
De xeito presencial
- Persoas individuais
- Enchendo o formulario impreso dispoñible nos mostradores de préstamo da primeira e segunda planta
- Entregando unha foto de carné
- Tamén existe a posibilidade de enviarnos a túa foto por correo electrónico á dirección: biblio.pública.pontevedra@xunta.gal indicando os teus teus datos (se non se envía a solicitude nun prazo de 7 días, a solicitude non terá efecto)
- Entidades
- Enchendo o formulario impreso dispoñible nos mostradores de préstamo da primeira e segunda planta
Cando podo recoller o meu carné?
- Aproximadamente 3 días hábiles despois da solicitude
Que documentación teño que presentar para poder recoller o meu carné?
- Adultos: o DNI ou o Pasaporte
- Menores de 14 anos: no caso de menores de 14 anos é necesario achegar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pai, nai, titor) responsable do menor
- Entidades: se a peticionaria é unha entidade, o director da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable.
Autorización de uso de carné a outra persoa
Normas da autorización:
-
A autorización é indefinida, para anulala a persoa titular debe dirixir un escrito á Biblioteca
-
A persoa titular do carné pode autorizar a máis dunha persoa a utilizar o seu carné. Están permitidas as autorizacións recíprocas
-
A persoa titular do carné é a responsable dos materiais emprestados
-
Non é preciso que a persoa autorizada sexa usuario/a da biblioteca
-
A nai/ pai/ titor/a NECESITA autorización para facer uso da tarxeta do seu fillo/a se é maior de 14 anos
-
Esta autorización non é valida para o préstamo de portátiles nin dispositivos para ler libros electrónicos
Documentación a presentar:
-
Solicitude cuberta e asinada pola persoa titular do carné
-
Fotocopia do DNI da persoa titular do carné (imprescindible amosar o orixinal)
Cambio nos datos persoais
- Os cambios de domicilio, información de contacto etc. deberán comunicarse á biblioteca para que esta poida proceder á súa modificación a efectos de notificación
Entrega dun carné novo
- O carné só se cambiará en caso de deterioración ou perda
- En caso de perda é preciso cumprimentar unha nova solicitude e asignaráselle un número novo
MODALIDADES DE PRÉSTAMO
Préstamo de materiais da nosa biblioteca
- Adulto: o número total de préstamos co carné de adulto ou adulta é de 20 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para o público adulto e infantil
Cadro resumo do préstamo para adultos
- Infantil: o número total de préstamos co carné infantil é de 20 por persoa. Só poden facerse combinacións cos materiais para o público infantil
Cadro resumo do préstamo infantil
- Onde?
- Nos mostradores de préstamo da biblioteca da primeira e segunda planta
- Nas máquinas de autopréstamo da biblioteca
Préstamo intrabibliotecario
- É o préstamo de materiais procedentes doutras bibliotecas da Rede
- Estas son as bibliotecas entre as que se fai este tipo de préstamo:
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Biblioteca Municipal de Ferrol
Onde solicitalo?
- A solicitude farase presencialmente nos mostradores de préstamo da primeira e segunda planta
Número de máximo de documentos
- O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1
- No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc), poderán solicitarse ata un máximo de 3 documentos
Prazo de recepción
- O prazo de recepción do material solicitado soe ser de 2 ou 3 días
Prazo de recollida
- Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento dispoñerá de 7 días para facer a recollida
- No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo
Prazos de devolución e renovación
- Son comúns para toda a rede de bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia
Préstamo interbibliotecario
- É un servizo que facilita ao público o acceso a aquelas publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da Biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas de Galicia xestionadas pola Xunta de Galicia
- A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola encargarase de localizar a obra e de solicitala á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada etc.)
- A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da Biblioteca
Onde solicitalo?
- Presencialmente, no mostrador de préstamo da segunda planta cubrindo un impreso de solicitude
- Por teléfono no 886 159 247
- Por correo electrónico na dirección biblio.publica.pontevedra@xunta.gal
- A través do formulario web
Gastos
- Os gastos deste servizo, se os hai, corren por conta do usuario.
Número máximo de documentos
- O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1.
Prazo de recepción
- O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, forma de envío etc.)
Prazo de recollida
- Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa solicitante para comunicarlle a chegada do documento
- A partir dese momento dispoñerá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo. A ausencia de recollida de material en prazo de maneira reiterado implica a exclusión neste servizo para o usuario
Préstamo colectivo a entidades
- Este é un servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos
- O director ou persoa encargado da institución solicitará o alta da entidade cubrindo o formulario para solicitar o carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable
Cadro resumo do préstamo para entidades
Número maximo
- O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 60
OUTRAS XESTIÓNS RELACIONADAS CO SERVIZO DE PRÉSTAMO
Renovacións
Cando se pode renovar?
- A renovación poderase realizar transcorridos 5 días desde a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade
- Non se permitirá a renovación de documentos reservados
Onde podo renovar?
- Presencialmente, nos mostradores de préstamo da primeira e segunda planta
- Por teléfono no 886 159 252
- A través da conta persoal do usuario no catálogo
Reservas
- No caso de querer levar en préstamo un exemplar que está prestado, pode facer unha reserva
- Non pódense facer reservas de materiais que estean dispoñibles
Onde solicitala?
- Presencialmente, nos mostradores da primeira e segunda planta
- A través da conta persoal do usuario no catálogo
Número máximo
- O número máximo de reservas por lector é de 6 (3 libros e revistas, 2 audiovisuais e 1 lector de libros electrónicos)
Prazo de recollida
- O prazo para recoller as reservas é de 3 días desde que o usuario é avisado
- Unha vez transcorrido ese período, se o documento non é recolleito, a reserva quedará anulada
Devolucións
Onde?
- O material prestado poderá devolverse nos mostradores da primeira e segunda planta
- Nas máquinas de autopréstamo da biblioteca
Sancións
Por incumprimento de prazos de préstamo
- 1 día sen poder levar ningún material en préstamo por día e documento con atraso
Documento non devolto
- O carné quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede.
Por deterioro
- Se o exemplar xa non está dispoñible no comprado o persoal da biblioteca valorará se é posible a súa reparación cos medios de que dispón
- Se non, deberá repoñelo o propio usuario
Suxestións
- Se o material solicitado non se atopa na biblioteca nin no resto das bibliotecas da Rede que fan préstamo intrabibliotecario, o usuario pode facer unha suxestión de compra a través da súa conta persoal do catálogo que será valorada polo centro. Neste enlace pódense consultar as normas das suxestións de compra
Onde solicitala?
- A través da conta persoal do usuario no catálogo
Número máximo
- 1 ao mes. Non se admiten suxestións de novidades bibliográficas