Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libro electrónico

A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición do seu usuariado lectores de libros electrónicos e ordenadores portátiles. 

 

Préstamo de lectores de libro electrónico

A biblioteca conta con lectores de libro electrónico para o seu préstamo a domicilio.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas, proporciona unha oferta de case 2.000 títulos (novidades, literatura contemporánea, ciencia, arte, tecnoloxía etc.) entre os que escoller para encher o dispositivo que se leve en préstamo.

Para acceder ao servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos é preciso o ter o carné da biblioteca e ser maior de idade.

Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo do dispositivo deberase presentar o carné da biblioteca e non ter préstamos sobrepasados nin sancións.

Cada persoa pode levar en préstamo un só lector. Este préstase baleiro, cun cable USB para a transferencia de datos e a carga da batería, por un período de 21 días renovable.

 

Préstamo de ordenadores portátiles

A biblioteca dispón de ordenadores portátiles para préstamo. Este servizo ofrécese no segundo andar da biblioteca.

Para acceder ao servizo de préstamo de ordenadores portátiles é preciso ter o carné da biblioteca e ser maior de idade.

Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo do dispositivo deberase presentar o carné da biblioteca e non ter préstamos sobrepasados nin sancións.

Cada persoa pode levar en préstamo un só equipo. O uso do dispositivo e os seus periféricos queda limitado exclusivamente ao recinto da biblioteca e, polo tanto, ningún destes elementos se pode levar fóra das instalacións do centro.

O préstamo ten unha duración dun día.

 

Inicio

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS