GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, o seu obxectivo é facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Esta plataforma proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio, etc.)
GaliciaLe dispón de dous catálogos: o Catálogo en galego e o Catálogo en castelán. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e verse nos dispositivos compatibles coa plataforma: lectores de libro electrónico, tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais.
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre ter:
— O carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
— Un dispositivo compatible
— Unha conta de correo electrónico.
Máis información en http://www.galiciale.gal/ e a través do noso formulario web Dúbidas GaliciaLe.