Visitas escolares 2019/2020

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do 7 de novembro ata o 28 de maio de 2020, o seu programa de “Formación de usuarios e Animación  á lectura” aberto a todos os centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.

As visitas van dirixidas a nenos e nenas dos cursos de 1º, 2º e 3º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración será de aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver actividades de animación adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca.

Realízanse os xoves dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 h. a  primeira e de 11:15 a 12:15 h a segunda, en grupos de 25 a 30 alumnos. *É necesaria a concertación previa de visitas,  na que se deberá indicar: o curso  ao que  pertenzen e a  actividade que se  escolle,  cun límite de dúas sesións por colexio.

O prazo de inscrición ábrese o día 22 de outubro en horario de 9.00 a 14.00 h no tlf. 886 159 814.