Aul@ tecnolóxica de maiores

Obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos

Obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías dirixido ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de integralas na sociedade facéndoas partícipes dela a través da formación en novas tecnoloxías, especialmente no uso de teléfonos móbiles, tabletas e ordenadores portátiles, cun carácter eminentemente práctico de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá.

A actividade está a cargo de Mar Torres Vilariño, voluntaria do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A biblioteca pon á disposición das e dos integrantes os dispositivos precisos para desenvolver o programa que se vai impartir: tabletas e ordenadores portátiles.

Actualmente temos dous grupos en marcha. As sesións desenvólvense os martes de 17.00 a 18.30h e os xoves de 16.30 a 17.30h nas salas de traballo en grupo do 3º andar.

As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou no mostrador do andar baixo.

As listas de agarda permanen abertas ata o remate da actividade (mes de maio-xuño).