Aula de maiores

Actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que non tiveron oportunidade de estudar ou queren lembrar o que aprenderon hai tempo.

Facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula.

A actividade está a cargo de Margarita Castro Rey e Amador Seoane Pardo, voluntarios do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A biblioteca pon a disposición dos integrantes da actividade materiais acordes co programa que se vai impartir: libros, DVD..., así como ordenadores portátiles. 

As persoas participantes deberán traer un teléfono móbil para poder conectarse á rede wifi da biblioteca.

A actividade desenvólvese os martes e os mércores de 10:00 a 12:00 h, na sala de traballo en grupo B do 3º andar.

 

Aula de maiores comeza en outubro e finaliza o próximo mes de xuño. 

O período de inscrición está aberto ata o remate da actividade. 

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador do andar baixo.