Aula de maiores

Actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que non tiveron oportunidade de estudar ou queren lembrar o que aprenderon hai tempo

A Aula de maiores é unha actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que non tiveron oportunidade de estudar ou queren lembrar o que aprenderon hai tempo: facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula.

A actividade está a cargo de Margarita Castro Rey e Amador Seoane Pardo, voluntarios do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Actualmente temos en marcha dous grupos. As sesións teñen lugar nas salas de traballo en grupo do 3º andar os martes de 10.00 a 12.00h e os mércores de 10.30 a 12.00h.

A biblioteca pon a disposición das persoas integrantes da actividade materiais acordes co programa que se vai impartir: libros, ordenadores portátiles.

As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao teléfono 881 999 401 ou no mostrador do andar baixo.

As listas de agarda permanen abertas ata o remate das actividades (mes de maio-xuño).