Café de idiomas
Café de idiomas

Proposta da biblioteca para practicar a conversa en diferentes linguas

Proposta da biblioteca para practicar a conversa en diferentes idiomas

Non se trata de clases de conversa, polo que non hai profesores nin obrigas. É un encontro libre entre xente cun interese común: practicar unha lingua estranxeira.

As sesións realízanse no andar baixo da biblioteca. Hai unha zona reservada para esta actividade, sinalizada cun cartel.

Cada día hai tres sesións, cada unha dedicada a unha lingua.  Consulta o horario.

Podedes utilizar  como material de apoio o da sección de Linguas do 2º andar (dicionarios, obras literarias noutras linguas, lecturas graduadas acompañadas de cd, unha colección accesible para xordos etc.)