Formación de usuarios e usuarias e visitas guiadas

Sesións para coñecer a biblioteca dirixidas a público adulto. O horario programado para as visitas é ás 11h.

Coñece a túa biblioteca

Unha oportunidade para aprender todo o que ofrece a biblioteca nunha hora e media aproximadamente.

Esta actividade consiste nunha visita guiada polas instalacións e unha sesión de formación básica para aprender o uso do catálogo, os recursos da web da biblioteca e os servizos que ofertamos.

Para participar tes que anotarte no mostrador de información do andar baixo ou no teléfono 881 999 401 ata 24h antes da data que queres resevar. O mínimo de persoas preciso para que a actividade teña lugar é de 3.

As datas de realización desta actividade en 2023 son:

  • 9 de xaneiro
  • 6 de febreiro
  • 6 de marzo
  • 10 de abril
  • 8 de maio
  • 5 de xuño
  • 4 de setembro
  • 2 de outubro
  • 6 de novembro
  • 4 de decembro

Coñece GaliciaLe

Esta formación enfócase ao coñecemento da plataforma de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe.

A actividade consiste nunha visita guiada polas instalacións e unha sesión de formación básica para aprender o uso da plataforma.

Para participar tes que anotarte no mostrador de información do andar baixo ou no teléfono 881 999 401 ata 24h antes da data que queres resevar. O mínimo de persoas preciso para que a actividade teña lugar é de 3.

As datas de realización desta actividade en 2023 son:

  • 26 de xaneiro
  • 23 de febreiro
  • 30 de marzo
  • 27 de abril
  • 25 de maio
  • 29 de xuño
  • 28 de setembro
  • 26 de outubro
  • 30 de novembro
  • 21 de decembro

Formación na Biblioteca accesible

Programa de formación dirixido a grupos no aprendizaxe do hardware e software accesible. Baixo demanda.

O grupo interesado nesta formación ten que solicitalo na biblioteca, por teléfono 881 999 401 ou por correo biblio.publica.santiago@xunta.es