Iniciación á Historia da Filosofía

Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía impartido polo profesor Rafael Varela Nogueiras

Con este obradoiro pretendemos achegar a filosofía a todas as persoas interesadas, ademais de fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico.
Rafael Varela Nogueiras, que foi profesor de Filosofía no ensino medio e conta con varias publicacións en revistas como Constelaciones ou Revista de Occidente, coordina este obradoiro como voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Destínase a persoas maiores de 18 anos que sintan curiosidade polas ideas dos filósofos que se foron construíndo desde circunstancias históricas e biográficas concretas, atendendo a problemas profundamente arraigados na condición humana. Non é preciso ter coñecementos previos.

No obradoiro hai dous grupos cos seguintes horarios:

- os venres das 11.00 ás 12.00h

- os martes das 17.30 ás 18.30h

As sesións desenvólvense nas salas de traballo do 3º andar e rematan en xuño do 2020.

Para participar é necesario ter carné da biblioteca cando comece a actividade. 

O período de inscrición permanece aberto ata que remate a actividade. O número de prazas é de doce.
Máis información e inscricións chamando ao 881 999 401 ou directamente no mostrador do andar baixo.