Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía

Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía que ten como obxectivo achegar a Filosofía ás persoas interesadas e fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico

Este obradoiro ten como obxectivo achegar a Filosofía ás persoas interesadas e fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico. Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que non teñan necesariamente coñecementos previos pero que sintan curiosidade cara ás ideas dos filósofos que se foron construíndo desde circunstancias históricas e biográficas concretas, atendendo a problemas profundamente arraigados na condición humana.

A actividade está a cargo de Rafael Varela Nogueiras, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Actualmente temos en marcha dous grupos. As sesións teñen lugar os mércores e xoves de 18.00 a 19.00h nas salas de traballo en grupo do terceiro andar.

As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou no mostrador do andar baixo.

As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate das actividades (mes de maio-xuño).