18/01/2024
Actualización da normativa das suxestións de compra

O servizo de suxestións de compra (desideratas) implica un gasto económico considerable.

Dun tempo a esta parte, obsérvase un incremento no número de solicitudes efectuadas. En moitos casos, estas peticións son aceptadas por tratarse de títulos pertinentes e acordes coa colección da biblioteca, como pode ser o caso de novidades editoriais que, por norma xeral, xa se inclúen nas nosas seleccións bibliográficas. 

As desideratas son unha importante orientación sobre os gustos e demandas dos nosos usuarios e usuarias, pero debemos evitar que a aceptación xeneralizada das novidades deixe sen cabida outras peticións menos actuais pero igualmente pertinentes.

Neste contexto cremos aconsellable reformular o funcionamento do servizo, establecendo un límite no número de suxestións de compra que pode presentar cada usuario/usuaria, así como dar a coñecer e informar da filosofía do servizo de suxestións de compra como un instrumento de participación ocasional e subsidiario para compensar as eivas da colección.