21/06/2020
Apertura da biblioteca con todos os servizos

O luns 22 de xuño reactivamos os servizos da biblioteca suspendidos desde o 18 de maio seguindo as instrucións da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Respectando estas instrucións limitamos a capacidade das salas para garantir a distancia de seguridade. Só poden utilizarse os postos habilitados cunha cadeira baleira (sen cinta) e non poden moverse as cadeiras baixo ningunha circunstancia.

É obrigatorio o uso de máscaras tanto para acceder á biblioteca como para circular polos espacios comúns nos que non se pode garantir a distancia de seguridade.

Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento.

As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de empregar máscara pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene; ata os 7 anos deben estar sempre cunha persoa adulta.

É preferente o uso das escaleiras salvo para persoas con mobilidade reducida ou maiores.

A ocupación máxima para o uso dos aseos é dunha persoa de cada vez.

Desaparece o formulario de préstamo e as citas previas, recomendamos usar preferentemente as máquinas de autopréstamo. O acceso directo á colección está permitido.

A devolución realizarase preferentemente na máquina de autodevolución.

Na sala infantil, a bebeteca permanecerá pechada polo momento polo pouco espacio no seu interior e as peculiaridades tanto da colección como dos requerimentos de hixiene. O resto das mesas teñen habilitadas duas cadeiras que poderán ser empregadas por unha sola persoa (maior de 7 e menor de 14) ou por dúas se conviven no mesmo fogar.

As salas de traballo en grupo non están dispoñibles polo momento.

Hai dispoñibles varias mesas con cadeiras no vestíbulo para persoas que desexen empregar a wifi ou conversar. Non está permitido comer ou beber (agás auga) nas mesmas.

Vémonos na biblioteca!