Informamos ás nosas usuarias e usuarios de que o día 15 de setembro ás 8.30 horas iníciase o proceso para cubrir as prazas vacantes dos clubs que organiza a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
O procedemento para a cobertura desas vacantes é o seguinte:
- Os integrantes do ano 2022-2023 seguen a manter a praza que ocupan.
- Naqueles clubs nos que hai vacantes, ofertamos esas prazas ás persoas integrantes das listas de agarda (estas permanecen pechadas dende o remate das sesións dos clubs en maio- xuño do 2023)
O día 15 de setembro ás 8:30h iníciase o prazo de inscrición para o Club de Lectura no que aínda hai vacantes:
- Inglés
Ese mesmo día 15 comeza o prazo de inscrición para as listas de agarda dos seguintes clubs:
- Banda deseñada
- Español
- Feminista
- Francés
- Galego
- Inglés
Recomendamos aos usuarios e usuarias interesadas nalgún dos clubs nos que non hai prazas vacantes que se anoten nas listas de agarda xa que se poden producir baixas entre os integrantes actuais, como así sucedeu en anos anteriores.
As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate dos clubs (mes de maio-xuño).
As solicitudes que cheguen antes do día 15 de setembro non serán tidas en conta.
Os medios para inscribirse son:
- Presencialmente no mostrador de información no horario de apertura da biblioteca.
- Por teléfono, chamando ao 881 999 401
- Por correo electrónico: biblio.publica.santiago@xunta.gal
En ningún caso un usuario ou usuaria pode inscribir a outro/s usuario/s. Cada comunicación de inscrición debe ser individual.
O número máximo de clubs nos que pode anotarse e participar un lector ou unha lectora é de 2. En función da demanda na inscrición, a biblioteca resérvase o dereito de establecer en 1 o número máximo de clubs nos que se pode participar. En calquera caso, sempre nos poremos en contacto coa usuaria ou usuario para que escolla o que máis lle interese.
Os días de celebración das sesións presenciais dos Clubs de Lectura son os seguintes:
NOME DO CLUB |
DÍA, PERIODICIDADE E HORA DAS SESIÓNS |
LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS SESIÓNS |
Banda deseñada |
Luns en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
Salas de traballo en grupo (3º andar) |
Feminista |
Luns en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
Salas de traballo en grupo (3º andar) |
Galego |
Mércores en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
Salas de traballo en grupo (3º andar) |
Español |
Mércores en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
Salas de traballo en grupo (3º andar) |
Inglés |
Xoves en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
Salas de traballo en grupo (3º andar) |
Francés |
Venres en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
Salas de traballo en grupo (3º andar) |
Calquera cambio nas datas ou horarios comunicarase aos usuarios e usuarias integrantes dos clubs coa suficiente antelación.
Está previsto que os clubs se inicien a partir do 16 de outubro e que rematen en maio ou xuño de 2024 (o mes de remate dependerá da dispoñibilidade orzamentaria para o ano 2024).
A Biblioteca porase en contacto unicamente coas persoas admitidas nos clubs para confirmarlles a súa admisión e a data definitiva de inicio das sesións, non coas que estean en lista de agarda.
Lembramos a todas as lectoras e lectores que a participación nos Clubs de Lectura conleva a aceptación dunhas normas básicas que facilitan o seu correcto funcionamento. Os non socios ou socias deben facerse o carné da biblioteca no momento de solicitar a inscrición nun club. Do contrario, non poderán participar nel.
Para máis información prema nesta ligazón.