25/09/2019
Apertura do prazo de inscrición na Aula de maiores

Reanudamos a Aula de maiores, unha actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que non tiveron oportunidade de estudar ou queren lembrar o que aprenderon hai tempo.

A actividade comeza a súa andaina o 15 e o 16 de outubro (martes e mércores) e segue o calendario escolar ata finalizar o próximo mes de xuño. Desenvólvese os martes e mércores das 10:00 ás 12:00h nas salas de traballo en grupo do 3º andar.

Para o desenvolvemento desta actividade contamos coas mesmas persoas que integraban o grupo da edición anterior e ofertamos as prazas vacantes. Tamén abrimos o prazo para anotarse na lista de agarda.

O número máximo de participantes é de dez. Para participar é preciso ter o carné de biblioteca.

O período de inscrición ábrese o 25 de setembro ás 08:30h e prolóngase ata o remate da actividade.

As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao  881 999 401 ou no mostrador do andar baixo.