01/08/2019
Apertura do prazo de inscrición no Laboratorio de Arte Urbana

O Laboratorio de Arte Urbana é un obradoiro de iniciación e aprendizaxe colectiva no que as persoas participantes achéganse ás diversas disciplinas e técnicas a través da experimentación, polo que non é preciso contar con experiencia previa.

A arte urbana é unha disciplina creativa con infinidade de formas, técnicas e formulación, onde a liberdade é o factor común e onde se poden desenvolver proxectos colectivos e individuais no espazo público. 

O obradoiro está impartido por un equipo multidisciplinar de docentes da 7H Cooperativa Cultural e diríxese a persoas a partir dos 14 anos. O número máximo de participantes é de 20.

O prazo para anotarse comeza o 1 de agosto ás 8.30h. A inscrición realízase aquí.

Toda a información sobre a actividade na axenda.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS