05/09/2019
Apertura do prazo de inscrición nos clubes de lectura 2019-20

O día 12 de setembro ás 8.30 horas iníciase o proceso para cubrir as prazas vacantes dos clubs de lectura da Biblioteca.

O procedemento para a cobertura desas vacantes é o seguinte:

  • Os integrantes do ano 2018-2019 seguen a manter a praza que ocupan. 
  • Naqueles clubs nos que hai vacantes, ofertamos esas prazas aos integrantes das listas de agarda (estas permanecen pechadas dende o remate das sesións dos clubs en xuño do 2019)
  • As prazas que seguen sen cubrir ofértanse a todos os usuarios e usuarias.
  • A partir das 8.30 horas do xoves 12 de setembro iníciase o prazo de inscrición para o Club de Lectura de Banda Deseñada (no que aínda quedan vacantes)

O día 12 tamén comeza o prazo de inscrición para as listas de agarda de todos os clubs.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS