AVISOS
25/09/2017
Bibliomercado
Os sábados do mes de outubro levamos a biblioteca ao Mercado de Abastos

Durante o mes de outubro, a biblioteca ten un posto no Mercado de Abastos de Santiago, aberto os sábados das 08:30 ás 13:45 h. 

Neste bibliomercado pode verse unha pequena mostra dos fondos cos que conta a biblioteca, informarse sobre o seu funcionamento e os servizos que oferta, ademáis de facer o carné de lector/a a biblioteca.