Visita a nosa caseta!
17/04/2024
A Biblioteca Pública Ánxel Casal na Feira do Libro de Santiago
Do 27 de abril ao 5 de maio no Paseo da Alameda en horario de 11.30 a 14.00h e de 17.30 a 21.00h

Todas as persoas que se acheguen ao Paseo da Alameda poderán coñecer a colección da biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos, constituída por libros, revistas e audiovisuais. Os asistentes terán a oportunidade de consultar estes materiais e obter información sobre os servizos que ofrece a biblioteca: actividades culturais (contacontos, obradoiros, roteiros...), clubs de lectura, biblioteca accesible, consulta de Internet, préstamo de portátiles, de tabletas, de e-readers, etc. Ademais, as persoas interesadas poderán facer o seu carné de biblioteca. 

As máis pequenas e pequenos disporán dun espazo especialmente adicado a eles para que poidan achegarse á lectura e desfrutar cos libros nun ambiente agradable.