02/07/2019
Biblioterapia, lecturas saudables

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ​pon a disposición de todos os galegos e as galegas o proxecto Biblioterapia, lecturas saudables co obxectivo de axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar a través da lectura.

Trátase dunha lista de libros coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector que pode ser empregada como apoio ou como complemento no seu tratamento, en grupos de lectura ou directamente polas persoas interesadas.

A edición en papel das obras está dispoñible nas bibliotecas dos principais hospitais de Galicia e nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. 

As obras en formato electrónico dalgúns títulos poden consultarse na plataforma de préstamo da Rede de bibliotecas públicas de GaliciaLe.

Na biblioteca de Santiago podes atopar estes libros no 2º andar ao carón da Colección accesible.

  

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS