17/03/2023
Celebramos o Día da Poesía

Coas mostras bibliográficas “Emma Pedreira: os libros que hai en min” e “Olga Novo: Eros e Tánatos” a biblioteca quere celebrar o 21 de marzo, Día da Poesía.

Ademais, as persoas que se acheguen atoparán versos de Rosalía de Castro nas escaleiras da biblioteca cos que queremos render homenaxe á figura senlleira da nosa literatura.