18/04/2024
Celebramos o Día do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e queremos convidarvos a participar nas seguintes actividades:

  • Visita guiada extraordinaria ás 12.00h para que os usuarios e usuarias, e aquelas persoas que aínda non o son, poidan coñecer todos os espazos e servizos que ofrece a biblioteca. As persoas interesadas poderán retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.
  • Sorteo de 4 lotes de libros entre todas aquelas usuarias e usuarios que leven un libro en préstamo o día 23. Para a realización deste sorteo (o 24 de abril) será o noso programa informático o que elixa de forma aleatoria ás persoas agraciadas ás que se lles comunicará por teléfono a consecución do agasallo e ás que lles pediremos que nos permitan facerlles unha foto no momento da entrega para as nosas redes sociais.
  • Roteiro “Compostela (d)escrita“ a cargo de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega ás 18.30h. Un paseo pola Compostela literaria, onde poñemos o foco na relación entre literatura e Universidade desde A Casa da Troia ata finais do século XX. O roteiro quere ser un conxunto de pistas que nos axuden a entrever novos recunchos posibles do mapa literario da cidade. Dirixido a público adulto. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.