AVISOS
24/10/2018
Convocatoria do concurso Roteiros Literario Virtuais por Compostela
Do 24 de outubro ao 25 de novembro

Este concurso ten como obxectivo fomentar a lectura de novelas do fondo local (ambientadas en Santiago de Compostela) e darlles visibilidade a través da creación de roteiros literario virtuais baseados nelas.

Estes roteiros promocionan, ademais, o coñecemento de zonas e recunchos da cidade nos que quizais nunca reparamos.

Aunando a lectura, a actividade física (camiñata), a creatividade (escollendo os emprazamentos) e a tecnoloxía móbil poderemos crear uns roteiros que despois compartiremos para que os siga quen queira.

Poden participar no concurso todas as persoas a partir de 18 de idade que sexan socias da biblioteca e que teñan un dispositivo móbil Android ou IOS.

O prazo de presentación dos traballos ábrese o día 24 de outubro e remate o 25 de novembro de 2018 (incluído).

Anímate a participar!

Aquí tes unha axuda para crear o teu roteiro:

https://www.facebook.com/bpsanxelcasal/videos/478528925968423/