01/07/2020
Normativa de uso do salón de actos

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida da habitual para garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras (2 cadeiras + 1 colchón con 2 prazas). Cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara durante o desenvolvemento da actividade.

As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usar máscara pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do correcto cumprimento das normas de hixiene.

 

 

 

Así mesmo, pedímosvos que sigades as recomendacións das autoridades sanitarias: non saiades da casa se tedes síntomas compatibles coa COVID-19, mantede a distancia de seguridade cando sexa posible, usade a máscara, tosede ou esbirrade no cóbado ou nun pano desbotable e mantede unha correcta hixiene de mans.

Grazas