22/10/2020
Normativa de uso do salón de actos. ACTUALIZACIÓN!

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na comarca de Santiago, no referente á realización de actividades culturais nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outras infraestruturas culturais, quedan limitadas a un máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes e incluído o monitor/a ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

Lembramos tamén as medidas de prevención básicas:

  • Desinfección das mans antes da entrada utilizando o xel hidroalcohólico.
  • Uso da máscara obrigatorio tanto para acceder á biblioteca como no interior en todo momento. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usar a máscara pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.

Grazas

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS