31/01/2024
Novo procedemento para obter o carné da biblioteca, carné dixital e nova app

A Rede de Bibliotecas de Galicia presentou unha serie de cambios que afectan a todas ás bibliotecas da Rede.

Nova app da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Unha ferramenta con todo o catálogo galego de GaliciaLe, a plataforma de préstamo electrónico da Xunta de Galicia, e que inclúe tamén unha nova versión dixital do carné de usuario e unha nova modalidade orientada a persoas non residentes en Galicia. 

Podes consultar toda a información sobre a app e obter os enlaces para descargala aquí.

Novo servizo GaliciaLe+

As persoas de fóra de Galicia poderán facer uso do préstamo dixital en galego a través desta plataforma, obtendo un carné de usuario exterior. 

 

Novo autorrexistro 

Hai dúas vías para solicitar o carné da biblioteca:

  • Telemática: dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. No caso de menores de idade, é a persoa representante quen debe reunir estes requisitos. 
  • Presencial: esta opción está dispoñible para todas as persoas e entidades. Podes acudir directamente á biblioteca da túa elección ou ben iniciar o rexistro vía web e finalizar o trámite na biblioteca. 

Carné dixital

Sexa cal sexa a modalidade que elixas para solicitar o carné (telemática ou presencial), obterás un carné dixital que estará dispoñible na túa conta persoal da app da Rede de Bibliotecas de Galicia e poderás empregar a través do móbil. 

Se xas tes a tarxeta física, podes seguir usándoa e ao descargar a app e meter os teus datos, terás o teu carné dixital. Se non a tes, podes solicitala na biblioteca.

Podes obter máis información na nova web da Rede de Bibliotecas de Galicia, aquí e/ou preguntar na biblioteca.