Participación na enquisa
20/06/2023
O valor social das bibliotecas

A Dirección Xeral de Cultura pon en marcha o estudo O valor social das Bibliotecas.

Esta iniciativa ten por obxecto coñecer como valora a cidadanía o servizo que ofrecen as bibliotecas públicas e como estas contribúen ao benestar e desenvolvemento da sociedade. Servirá para cuantificar, visibilizar e poñer en valor as achegas das bibliotecas para as persoas usuarias e para a sociedade no seu conxunto, en termos tanto económicos como de benestar colectivo.

Calquera persoa (sexa usuaria dunha biblioteca ou non) pode participar a través dunha sinxela enquisa, á que se pode acceder pinchando AQUÍ.

As bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia tamén dispoñen de cuestionarios en papel, para aquelas persoas que prefiran esta modalidade.

A enquisa é anónima. Toda a información que se obteña será tratada de forma agregada, e non se recollerán nin tratarán datos persoais.

Agradecemos a participación da cidadanía, bibliotecas e institucións, sen cuxa colaboración non sería posible este estudo.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS