26/03/2020
Peche da biblioteca e prórroga nos préstamos

Medidas excepcionais centradas na prevención para conter o Coronavirus:

  •  Desde o sábado 14 de marzo a Biblioteca permanece pechada ao público ata novo aviso
  •  Cancélanse todas as actividades programadas
  •  Debido á prórroga da corentena, a devolución dos préstamos queda novamente adiada para o 13 de abril. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución.
  •  As reservas sen confirmar quedan suspendidas. Queda deshabilitada a reserva no OPAC.

Lembrade que podedes continuar utilizando o servizo de préstamo dixital a través de GaliciaLe (Catálogo Galego e eBiblio Galicia).

Desculpade as molestias e moito ánimo!