Un misterio da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
24/10/2021
Quen matou a bibliotecaria?

O sábado 23 ocorreu unha desgracia na nosa biblioteca... apareceu un cadáver na Sala infantil. Temos 8 sospeitosos e unha chea de pistas por toda a biblioteca pero non somos quen de atopalas e organizalas. Por iso precisamos da túa axuda: terás que atopar as pistas, estudar aos sospeitosos e sospeitosas e ir descartando un a un aos inocentes ata que soamente quede unha persoa: a culpable do asasinato!!

Veña, colle papel e lápiz, entra e axúdanos.

As persoas que resolvan o xogo recibirán un Carné de axudante de detective co que poderás aumentar o número de préstamos simultáneos e os 3 primeiros recibirán un agasallo extra!!

Para entrar neste divertido Xogo de fuga virtual preme no seguinte enlace: https://bit.ly/3vyVNrA