18/05/2020
Reapertura de servizos presenciais

En aplicación das normas publicadas polas autoridades competentes*, os servizos autorizados na biblioteca durante a primeira fase (que durará dúas semanas mínimo) son os seguintes:

Préstamo a domicilio das obras da biblioteca

As obras poderán ser solicitadas mediante o formulario de solicitude de préstamos e cita previa ou no teléfono 881999420
A persoa solicitante será informada, ben por teléfono ou por correo electrónico, do día no que pode acudir a recoller as obras.
A grande maioría das obras do catálogo da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal teñen a condición de prestable. Se precisa consultar algunha obra que non teña esta condición, escriba un correo electrónico a consultasbps@xunta.gal
A solicitude en préstamo de obras doutras bibliotecas está suspendida.
• A devolución das obras realizarase exclusivamente mediante o buzón exterior da biblioteca. As obras devoltas permanecerán nun lugar apartado durante polo menos 14 días; esta información aparecerá reflectida no catálogo da biblioteca.
Os préstamos con devolucións pendentes entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo, están renovados ata o 11 de xuño.
As reservas sen confirmar quedan suspendidas. Queda deshabilitada a reserva no OPAC.

• Información bibliográfica e bibliotecaria

◦ Para información xeral sobre o funcionamento da biblioteca e os seus servizos escriba un correo electrónico a biblio.publica.santiago@xunta.gal ou chame ao 881999401
◦ Se precisa apoio na resolución de necesidades informativas específicas escriba un correo electrónico a consultasbps@xunta.gal ou cubra o formulario Solicitude de información.

• Solicitude e recollida de carnés

Para obter unha cita para solicitar ou recoller o seu carné, escriba un correo electrónico a biblio.publica.santiago@xunta.gal 

No tempo en que estea vixente a Orde SND/399/2020 o resto dos servizos quedan suspendidos.

O horario de apertura da biblioteca será de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 21:00 horas; sábados de 10 a 14 horas.

Medidas de hixiene e/ou de prevención establecidas:

Na zona de acceso e nos puntos de contacto co público, situaranse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.

Os lugares de atención ao público dispoñerán de medidas de separación entre os traballadores da biblioteca e os usuarios.

Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos servizos bibliotecarios autorizados.

O acceso as instalacións da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados neste documento e sempre con cita previa.

Recomendamos ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.

En todo caso, tanto o público como o persoal da biblioteca deberá respectar as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, e, en particular, as relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de, polo menos, 2 metros.
As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca. O persoal técnico ou de seguridade do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se está a usar con outros fins que para os expresamente autorizados.

Informaremos puntualmente da reapertura progresiva dos servizos da biblioteca en base ás instrucións que establezan as autoridades competentes.

 

* Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (capítulo VIII). Publicada no BOE núm. 130, do 9 de maio de 2020.

* Resolución do 8 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19. Publicada no DOG do 9 de maio de 2020.

* Protocolo polo que se establece o reinicio da actividade presencial dos arquivos, museos e bibliotecas de xestión da Consellería de Cultura e Turismo e se establecen medidas preventivas fronte ao COVID-19. Publicado polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) o 16 de maio de 2020.