27/08/2020
Subscrición ao boletín de novas da biblioteca
↓↓↓

A partir do mes de setembro modificamos o boletín de novas da biblioteca, que vén substiuír aos anteriores correos que enviabamos aos usuarios e usuarias que o solicitaban. 

A través deste boletín enviaremos:

- a programación de actividades da biblioteca 1 vez ao mes
- avisos puntuais relacionados con incidencias da biblioteca (por ex. peche temporal dun servizo, caída da wifi, novos servizos...), cambio de horarios, apertura de prazos de inscrición...

As persoas que recibían a programación mensual no seu correo deixarán de recibila se non se subscriben ao boletín.

Se o desexas podes recibir puntualmente no teu enderezo de correo electrónico todas as novidades publicadas na nosa web, só tes que subscribirte por medio deste formulario.

Unha vez cuberto recibirás un mail cunha ligazón de confirmación sobre a que deberás premer para comezar a facer uso do servizo.

Agardamos que este boletín sexa do teu interese. 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS