19/02/2024
XVII Premio Novela Europea Casino de Santiago

Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía de Santiago de Compostela, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.

Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas finalistas desta XVII edición:

  • La postal de Anne Berest  (Lumen) 
  • Os seres queridos de Berta Dávila (Xerais) 
  • La ciudad de los vivos de Nicola Lagioia (Literatura Random House ) 
  • Obra maestra de Juan Tallón (Anagrama) 
  • Empezamos por el final de Chris Whitaker (Salamandra)

Varios exemplares de cada unha destas novelas están dispoñibles para préstamo no 2º andar da biblioteca.

O prazo de votación vai do 12 ao 25 de abril e no 2ª andar haberá unha caixa onde depositar os votos de quen queira participar como xurado.

Hai varios coloquios abertos a toda a cidadanía que queira participar:

  • 28 de febreiro, ás 18h no Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Coloquio sobre dúas novelas: “Os Seres queridos” de Berta Dávila e “Obra Maestra” de Juan Tallón
  • 7 de marzo, ás 18h no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Coloquio sobre “La ciudad de los vivos” de Nicola Lagioia
  • 3 de abril, ás 18h no Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Coloquio sobre “Empezamos por el final” de Chris Whitaker
  • 11 de abril, ás 18h no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Coloquio sobre “La Postal” de Anne Berest