80 aniversario do exilio republicano
17/06 - 30/09
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

No 2019 fanse 80 anos do fin da Guerra Civil española e da fuxida de republicanas e republicanos españois cara Francia, norte de África e o continente americano. La Retirada foi unha diáspora de masas, calculada nunhas 480000 persoas, de larga duración e plural porque incluíu persoas de todos os estratos sociais, políticos e económicos, aínda que destaca un elevado número de intelectuais, uns 5000.

Tanto aquela como posteriores xeracións de exiliados e exiliadas manifiestan unha sensación de olvido por parte da democracia española. Este aniversario convírtese nunha magnífica oportunidade para que España recoñeza a estas persoas e divulgue as súas aportacións tanto ao progreso, desesenvolvemento e modernización dos países de acollida, aos que se debe o correspondente tributo, como á recuperación da democracia no noso país.

Na biblioteca sumámonos a esta iniciativa cunha mostra bibliográfica composta de libros sobre o exilio, obras escritas polos exiliados e exiliadas, biografías, novelas actuais ambientadas na época, banda deseñada...

Pode visitarse do 17 de xuño ao 29 de agosto no vestíbulo. Do 30 de agosto ao 30 de setembro, a mostra divídese entre o 2º e o 3º andar da biblioteca.

#80AniversarioExilioRepublicano